Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Luns, 23 de decembro de 2002 Páx. 17.552

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 2002 pola que se convocan probas para a cobertura de 3 prazas de técnico en publicacións, grupo III, do cadro de persoal laboral da Universidade de Santiago de Compostela, pola quenda de promoción interna.

O convenio colectivo do persoal laboral da Universidade de Santiago de Compostela, na súa disposición adicional quinta establece que a xerencia e o comité de empresa negociará un acordo de promoción que afectará aqueles traballadores fixos que no momento da sinatura do convenio pertenzan, entre outras, categoría de auxiliar técnico de publicacións.

Asinado o acordo que desenvolve a disposición adicional quinta do convenio, con data do 8 de febreiro de 2002, e coa finalidade de dar cumprimento ó disposto nel,

O rector, no uso das competencias que lle están atribuídas no artigo 20 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro de universidades, así como nos esta

tutos desta universidade, resolve convocar proceso selectivo para o acceso á categoría de técnico en publicacións, con suxeición ás seguintes:

Bases da convocatoria

1. Normas xerais.

1.1. Convócase proceso selectivo para cubrir con persoal laboral fixo 3 prazas de técnico en publicacións, grupo III, do convenio colectivo para o persoal laboral da Universidade de Santiago de Compostela (DOG do 29 de abril de 2002), pola quenda de promoción interna.

1.2. O sistema de selección dos aspirantes será o de oposición e constará das probas que se indican no anexo I.

1.3. En atención ás peculiaridades deste proceso de promoción interna, motivado pola creación e extinción de categorías, a ocupación das prazas ofertadas nesta convocatoria levará aparellada a súa amortización na categoría de orixe, quedando o persoal que supere o proceso selectivo destinado nos mesmos postos que veñen ocupando, vinculados xa á nova categoría.

1.4. Estas probas selectivas axustaranse ó disposto no Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, polo que se aproba o Regulamento xeral de ingreso de persoal ó servicio da Administración xeral do Estado, ó Decreto 95/1991, do 20 de marzo, ós estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, aprobados polo Decreto 473/1997 da Xunta de Galicia, do 28 de novembro, ó convenio colectivo para o persoal laboral da Universidade de Santiago de Compostela.

2. Requisitos dos aspirantes.

2.1. Para seren admitidos, os aspirantes deberán posuí-los seguintes requisitos na data de remate do prazo de presentación de solicitudes e mantelos ata o momento de formalización do contrato:

a) Te-la condición de persoal laboral fixo, categoría de auxiliar técnico de publicacións, e estar destinado na Universidade de Santiago de Compostela.

b) Teren unha antigüidade efectiva de, polo menos seis meses desde a adquisición da categoría de procedencia.

c) Ter realizado o curso de promoción para técnico en publicacións, coas condicións establecidas na convocatoria do curso.

3. Solicitudes.

3.1. Quen desexe tomar parte nestas probas selectivas deberá solicitalo ó rector da Universidade de Santiago de Compostela en instancia segundo o modelo que figura como anexo a esta convocatoria, no prazo de vinte días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

3.2. A instancia presentarase acompañada de fotocopia do DNI.

3.3. A presentación das solicitudes farase no rexistro xeral da Universidade de Santiago de Compostela, situado no Rectorado da universidade (Colexio de San Xerome. praza do Obradoiro s/n, Santiago de Compostela), no rexistro do Campus de Lugo, situado no edificio de Servicios Administrativos e Biblioteca Intercentros (avda. de Bernardino Pardo Ouro s/n. Polígono de Fingoi, 27002 Lugo), ou nas restantes formas previstas no artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

3.4. Os dereitos de exame serán de 18,03 A, que se ingresarán na conta de Caixa Galicia «Oposicións» número: 2091-0388-90-3110000646. Para realiza-lo ingreso deberá utilizarse por triplicado o modelo de solicitude que figura como anexo III.

En ningún caso a presentación e pagamento na entidade bancaria suporá a substitución do trámite de presentación, en tempo e forma, da solicitude.

3.5. Unicamente procederá a devolución dos dereitos de exame ós aspirantes que sexan excluídos definitivamente destas probas selectivas e para tal efecto o reintegro realizarase de oficio, para o que terán que facer consta-la entidade bancaria e o número de conta no recadro que para tal efecto figura na solicitude. De non figuraren estes datos, entenderase que renuncia á devolución dos dereitos de exame.

4. Admisión de aspirantes.

4.1. Rematado o prazo de admisión de solicitudes o rector da Universidade de Santiago de Compostela dictará resolución, no prazo dun mes, pola que se aproba a lista provisional de admitidos e excluidos, na que constará o nome e apelidos dos excluidos, o número de DNI, así como as causas de exclusión e o prazo para reparalas. Esta resolución publicarase nos taboleiros de anuncios do rectorado, do edificio de Servicios Administrativos e Biblioteca Intercentros do Campus de Lugo e na web http://www.ti.usc.es/webpas/.

Para emenda-los defectos que motivasen a súa exclusión ou omisión das devanditas relacións, os aspirantes disporán dun prazo de dez días contados a partir do seguinte ó da publicación da citada resolución. Os aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non reparasen a exclusión ou omisión, xustificando o dereito a seren incluídos na relación de admitidos, serán definitivamente excluídos da realización das probas.

A resolución que aproba a lista definitiva, publicada no rectorado, no edificio de Servicios Administrativos e Biblioteca Intercentros do Campus de Lugo e na web, esgotará a vía administrativa, podendo interpor contra ela recurso perante a xurisdicción contencioso administrativa, no prazo de 2 meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, ou recurso potestativo de reposición diante do rector no prazo dun mes de acordo co previsto na Lei 30/1992, do 26 de novembro,

de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

5. Tribunal cualificador.

5.1. O tribunal cualificador destas probas é o que figura como anexo II a esta convocatoria e terá a categoría segunda das recollidas no Real decreto 462/2002, do 24 de maio, sobre indemnizacións por razón do servicio.

O procedemento de actuación do tribunal axustarase en todo momento ó disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

5.2. Os membros do tribunal deberán absterse de intervir notificándollo ó rector da universidade, cando concorran neles as circunstancias previstas no artigo 28 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou se realizasen tarefas de preparación de aspirantes a probas selectivas nos cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria.

O presidente poderá solicitar dos membros do tribunal declaración expresa de non se encontrar incursos nas circunstancias previstas nos devanditos artigos.

Así mesmo, os/as aspirantes poderán recusa-los membros do tribunal cando concorran as circunstancias antes citadas.

5.3. A partir da súa constitución o tribunal, para actuar validamente, requirirá a presencia da maioría absoluta dos seus membros, titulares ou suplentes.

5.4. Dentro da fase de oposición o tribunal resolverá tódalas dúbidas que puidesen xurdir na aplicación destas normas así como o que se deberá facer nos casos non previstos.

5.5. O tribunal poderá dispo-la incorporación ós seus traballos de asesores especialistas para as probas correspondentes, limitándose os ditos asesores a presta-la súa colaboración nas súas especialidades técnicas. A designación destes asesores deberá comunicárselle ó rector da universidade. O nomeamento dos asesores farase público e seranlles de aplicación as causas de abstención e recusación igual que os membros do tribunal.

5.6. O tribunal cualificador adoptará as medidas precisas naqueles casos nos que resulte necesario, de forma que os aspirantes con minusvalidez gocen de similares condicións para a realización das probas có resto dos participantes. Neste sentido, estableceranse para as persoas con minusvalidez que o soliciten as adaptacións posibles en tempo e medios para a súa realización.

5.7. En ningún caso o tribunal poderá declarar que superaron as probas selectivas un número superior de aspirantes có das prazas convocadas. Calquera proposta de aprobados que contraveña o establecido será nula de pleno dereito.

5.8. Para os efectos de comunicación e demais incidencias, o tribunal terá a súa sede no Rectorado da Universidade de Santiago de Compostela.

6. Desenvolvemento dos exercicios.

6.1. A orde de actuación dos opositores iniciarase alfabeticamente polo primeiro da letra «S», de conformidade co establecido na Resolución do 27 de febreiro de 2002, da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

6.2. En calquera momento os aspirantes poderán ser requiridos polo tribunal para que acrediten a súa identidade.

6.3. Os aspirantes serán convocados para cada proba nun só chamamento e serán excluídos das probas aqueles que non comparezan, salvo nos casos de forza maior, debidamente xustificados, e libremente apreciados polo tribunal.

6.4. O tribunal será o encargado de publica-lo lugar, data e hora de celebración das probas. Esta publicación efectuarase nos taboleiros indicados na base 4.

6.5. A publicación dos sucesivos anuncios de celebración de probas efectuarase nos locais onde se fixera o primeiro deles así como no rectorado da universidade, ou por calquera outro medio que se estime conveniente para asegura-la súa máxima divulgación, cunha antelación de polo menos vintecatro horas á sinalada para a súa iniciación.

6.6. En calquera momento do proceso selectivo, se o tribunal tivese coñecemento de que algún dos/as aspirantes carece dos requisitos esixidos pola presente convocatoria, logo da audiencia ó interesado, deberá propoñe-la súa exclusión ó rector da Universidade de Santiago de Compostela, comunicándolle tamén as inexactitudes e falsidades formuladas polo/a aspirante na súa solicitude para os efectos procedentes.

7. Lista de aprobados.

7.1. Concluído cada un dos exercicios da fase de oposición, o tribunal cualificador fará pública a relación dos aspirantes seleccionados en cada un deles, coa indicación da cualificación obtida.

7.2. O tribunal fará pública a lista de aspirantes que superaron o proceso selectivo que en ningún caso poderá conter un número de candidatos superior ó das prazas convocadas. A devandita relación, que será elevada polo tribunal ó rector da universidade xunto coa proposta de contratación a favor dos aspirantes que figuren nela, será publicada no taboleiro de anuncios do rectorado.

8. Presentación de documentos.

8.1. No prazo de 20 días naturais a partir do día seguinte a aquel no que se fixesen públicas as relacións definitivas de aprobados no rectorado da universidade, os/as aspirantes que figuren nelas deberán presentar no Servicio de Planificación e Programación de PAS (Casa da Balconada, Rúa Nova,

6 de Santiago de Compostela) a documentación necesaria, que non se atope suficientemente acreditada no seu expediente.

8.2. Ante a imposibilidade, debidamente xustificada, de presenta-los documentos expresados na base anterior, poderá acreditarse que se reúnen as condicións esixidas na convocatoria mediante calquera medio de proba admitido en dereito.

8.3. Quen dentro do prazo fixado, e salvo o caso de forza maior, non presentase a documentación ou do seu exame se deducise que carece dalgún dos requisitos sinalados na base 2, non poderá ser nomeado na nova categoría e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorrese por falsidade na solicitude inicial.

9. Disposición derradeira.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación, de conformidade cos artigos 46 e 10.1º a) da Lei da xurisdicción contencioso administrativa, aprobada por Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Non obstante, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que o dictou. Neste caso non se poderá interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo anteriormente indicado en tanto non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ó abeiro dos artigos 116 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2002.

P.D. (Resolución 25-11-2002)

Ángel Luis Hueso Montón

Vicerrector de Comunicación e Proxección

Universitaria da Universidade de Santiago de

Compostela

ANEXO I

Denominación das prazas: técnico en publicacións.

1. O sistema de selección será o de oposición. Constará de dúas probas:

Primeira.-De acordo coa formación recibida, os aspirantes elaborarán un traballo, no que procederán á análise das funcións da categoría.

Segunda.-Consistirá nunha entrevista persoal. O tribunal formulará preguntas ós aspirantes sobre os contidos do traballo elaborado, por un tempo máximo de quince minutos.

A valoración será de apto ou non apto, de acordo cos criterios que para tal efecto estableza o tribunal.

Para aprobar será necesario obte-la cualificación de apto en cada unha das probas.

ANEXO II

Denominación das prazas: técnico en publicacións.

Tribunal titular:

Presidenta: Mª Luisa Melón Rodríguez, laboral do grupo I da Universidade de Santiago de Compostela.

Vocais:

Representantes da universidade:

-Juan Blanco Valdés, laboral do grupo I da Universidade de Santiago de Compostela.

-Luisa Ferreiro Couselo, funcionaria de carreira da escala administrativa da Universidade de Santiago de Compostela.

Representantes do comité de empresa:

-Mª Isabel Braña Tobío, laboral do grupo I da Universidade de Santiago de Compostela.

-Juan Oreiro Formoso, laboral do grupo IV da Universidade de Santiago de Compostela.

Secretaria: Amparo Azurmendi Rodríguez, funcionaria de carreira da escala administrativa da Universidade de Santiago de Compostela.

Tribunal suplente:

Presidente: Luis Hervella Torrón, catedrático do Departamento de Xeometría e Topoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.

Vocais:

Representantes da universidade:

-Pablo Sampedro Magán, laboral do grupo I da Universidade de Santiago de Compostela.

-Carmen Acevedo Alonso, funcionaria de carreira da escala administrativa da Universidade de Santiago de Compostela.

Representantes do comité de empresa:

-Francisco Castro Alvaredo, laboral do grupo IV da Universidade de Santiago de Compostela.

-Javier Quiñoy Taboada, laboral do grupo IV da Universidade de Santiago de Compostela.

Secretario: José Manuel Caamaño Jerez, funcionario de carreira da escala administrativa da Universidade de Santiago de Compostela.