Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Sábado, 21 de decembro de 2002 Páx. 17.541

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de novembro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a proposta da sociedade Balneario de Caldelas de Tui, S.L., do perímetro de protección para o aproveitamento das augas mineromedicinais e termais nos concellos de Tui, Salvaterra de Miño e Salceda de Caselas.

A Delegación Provinvial de Pontevedra fai saber que, en virtude do disposto no artigo 13 do Decreto 402/1996, do 31 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de aproveitamento das augas mineromedicinais, termais e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia, se fai pública a solicitude por instancia do Balneario de Caldelas de Tui, S.L. referente á definición do perímetro de protección dos mananciais das augas mineromedicinais e termais que aproveita a citada sociedade.

O 9 de xullo de 1996, a Conselleria de Industria e Comercio confirma a declaración da condición mineromedicinal das augas do manancial Caldelas de Tui, inscribíndose o dereito ó seu aproveitamento no Rexistro das Augas Mineromedicinais e Termais de Galicia o 18 de maio de 1998. Por outra banda, o 30 do outubro de 2002 declárase a condición de mineromedicinal e termal para as augas do pozo San Antonio.

O perímetro de protección solitado engloba as áreas de infiltración que corresponden á zona de restriccións mínimas (ZMI) e que abrangue un polígono irregular coas seguintes coordenadas xeográficas orixe Greenwinch.

Vértices XY

18º 35' 49.07'' 42º 3' 26.95''

28º 35' 14.37'' 42º 5' 25.49''

38º 34' 40.20'' 42º 7' 03.42''

48º 32' 03.75'' 42º 7' 19.54''

58º 31' 45.43'' 42º 5' 25.34''

68º 31' 28.27'' 42º 3' 53.19''

Fronteira portuguesa

O citado perímetro comprende terreos nos concellos de Salvaterra de Miño, Tui e Salceda de Caselas.

O que se fai público co fin de que aquel a quen lle poida interesar tome vista do expediente e presente as alegacións que considere oportunas na Delegación Provincial de Industria de Pontevedra dentro do prazo de quince días contados desde o seguinte ó desta publicación.

Pontevedra, 21 de novembro de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra