Visto o artigo 7.2º do Decreto 402/1996, do 31 de outubro (DOG nº 226, do 19 de novembro), polo que se aproba o Regulamento do aproveitamento das augas mineromedicinais, termais e dos establecimentos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia, o artigo 24.4º da Lei de minas e 39.4º do Regulamento xeral para o réxime da minería, a delegada provincial da Consellería de Industria e Comercio de Pontevedra.
RESOLVE:
Facer pública a Resolución do 30-10-2002, da Consellería de Industria y Comercio, que declara a condición de mineromedicinal e termal das augas do manancial San Antonio sito na localidade de Caldelas de Tui (Pontevedra), promovido polo Balneario de Caldelas de Tui, S.L.
Pontevedra, 21 de novembro de 2002.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra