Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Sábado, 21 de decembro de 2002 Páx. 17.540

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/214).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración e utilidade pública, en concreto, das instalacións eléctricas que a continuación se detallan:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Enderezo social: avda. de Arteixo, 171, A Coruña.

Denominación: L.M.T.A. e L.M.T. Recosta-Lomba.

Situación: A Pobra do Caramiñal.

Características técnicas: liña eléctrica aereosubterránea de media tensión a 20 kV, que no seu tramo aéreo, sobre apoios de formigón e con conductor LA-110, de 412 m de lonxitude, coa orixe en apoio de liña existente, ó lado de campo de deportes do colexio público Pilar Maestu Sierra, seguido de tramo subterráneo, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al, de 565 m de lonxitude, con final no C.T.C. Lomba, existente. No termo municipal da Pobra do Caramiñal.

O expediente someteuse ós trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Na fase de información pública presentáronse as seguintes alegacións:

Hrdos. de Juan Francisco Sanisidro, propietarios do predio nº 1, solicitan que se desvíe o trazado da instalación polas beiras do predio. Que se leve o trazado en subterráneo ata a zona de entroncamento por existir estradas a ambos lados do predio co fin de non facer inservible o predio.

Unión Fenosa Distribución, S.A., manifesta que se intenta proxecta-lo trazado seguindo as lindes dos predios e que se pode obxervar no plano que os derradeiros 152 metros discorren polas lindes das parcelas. Neste caso o trazado axustouse o máis posible ó lindeiro coa pista asfaltada, non sendo posible un maior achegamento debido á instalación de 2 apoios proxectados, os que segundo a lexislación vixente non poderán ser instalados no seu bordo. Así mesmo, non é posible realiza-lo trazado axustándose ó lindeiro desta parcela cos terreos do colexio público existente, art. 57 a) da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico. Menciona o Decreto 2151/1968, do 28 de novembro R.T.L.E.A.T., art. 4º.

José Javier Pose Lorenzo, propietario do predio nº 2, solicita que se deixe sen efecto o expediente de expropiación ou se valore en proporción ós prexuízos que se poidan xerar (afectada a totalidade do predio). Manifesta, ademais, que con anterioridade sufriu outra expropiación para a vía rápida da Barbanza.

Unión Fenosa Distribución, S.A., manifesta que o afectado poderá, no seu momento, valora-los prexuízos que lle ocasione a instalación mediante folla de valoración.

José Oubiña Rey, propietario do predio nº 11, solicita que a L.M.T. se efectúe subterránea ou se derive ó camiño que discorre ó longo da propiedade dado que limitaría para unha posible construcción nela e é a única que posúe, na que podería edificar, porque outros dous predios da súa propiedade foron afectados por tendidos eléctricos de Unión Fenosa Distribución, S.A.

Unión Fenosa Distribución, S.A., manifesta que non é certo que non se poida construír na parcela, art. 58 da Lei 54/1997, do 27 de novembro do sector eléctrico. Sinala que o expediente de expropiación xera unha servidume de paso de enerxía eléctrica, mantendo o afectado a titularidade do predio sen que este quede diminuído en superficie. Sinala, ademais, que o trazado á altura do referido predio discorre sobre camiño existente, tal e como solicita o propietario, adentrándose 6 metros lineais no predio no seu tramo final, onde se instalará o apoio nº 5.

Vista a Lei 54/1997, do 27 de novembro, e o Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, esta delegación provincial resolve:

Autorizar, aproba-lo proxecto de execución e declarar de utilidade pública, en concreto, as devan

ditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran no anteproxecto, e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

As instalacións executaranse nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación.

Contra a presente resolución poderá intepoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.

A Coruña, 20 de novembro de 2002.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña