Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Venres, 20 de decembro de 2002 Páx. 17.508

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE POIO

ANUNCIO.

Aprobado pola Comisión de Goberno deste concello o prego de cláusulas administrativas que rexerán a contratación das obras de abastecemento, saneamento e pavimentación rúas Muíño e Orgodomonte (San Xoán), FCL/02, anúnciase o correspondente concurso con procedemento aberto tramitación urxente.

Tipo de licitación: 84.141,70 A, IVE incluído.

Fianzas: definitiva por importe do 4% do tipo.

Prazo de execución: tres meses.

Proposicións: poderán presentarse no rexistro xeral do concello, das 9 ás 13.30 horas, dentro do prazo de 13 días naturais contados desde o seguinte ó da publicación do anuncio de licitación no BOP.

Apertura de plicas: na casa do concello ás 13.30 horas do terceiro día hábil posterior ó de remate do prazo de presentación (agás sábados).

Información: no Servicio de Contratación na secretaría do concello, teléfono: 986 77 00 01 e fax: 986 77 12 77.

Criterios de adxudicación: os indicados na cláusula 9ª do prego.

Gastos: por conta do adxudicatario, estipulados na cláusula 20ª.

Poio, 18 de novembro de 2002.

Luciano Sobral Fernández

Alcalde