Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Venres, 20 de decembro de 2002 Páx. 17.509

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 4 de novembro de 2002 pola que se anuncia a licitación para a adxudicación, mediante concurso, da asistencia técnica para a contratación da prestación dos servicios complementarios e de colaboración na xestión recadatoria municipal en período executivo e para a xestión administrativa e recadación das multas de tráfico.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra. Praza de España s/n, 36071 Pontevedra. Órgano de contratación: Pleno da Corporación.

2. Obxecto: a) Prestación dos servicios complementarios e de colaboración na xestión recadadora municipal en período executivo e para a xestión administrativa e recadación das multas de tráfico. b) Duración do contrato: dous anos. c) Lugar: Pontevedra.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: ordinaria, aberto e concurso.

4. Orzamento base de licitación: retribución do contratista: fíxase como tipo de licitación, á baixa, a porcentaxe do 19% do principal de recadación líquida dos ingresos efectuados, IVE incluído (cláusula 3 do prego de cláusulas administrativas particulares).

5. Garantías: provisional: 9.000 A. Definitiva: 208.830,12 A.

6. Obtención de documentación e información: os interesados dispoñen da documentación no Servicio de Contratación, deberán aboar-la cantidade de 2 A.

7. Presentación de ofertas: a) Data límite: 21 de decembro de 2002 (cincuenta e dous días naturais contados a partir do día seguinte ó do envío deste anuncio ó DOCE). b) Documentación que hai que presentar: cláusula 15 do prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar: rexistro xeral do concello (das 9 ás 13 horas).

8. Apertura das ofertas: cláusula 18 do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Criterios de adxudicación: cláusula 19 do prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Gastos: serán por conta do adxudicatario os seguintes gastos:

1. Os tributos estatais, autonómicos e municipais que deriven do contrato da asistencia técnica, incluído o IVE.

2. Os de formalización do contrato de adxudicación en documento administrativo de conformidade coa ordenanza fiscal reguladora da taxa.

3. Os dos anuncios de licitación do concurso.

11. Data de envío do anuncio ó DOCE: 30 de outubro de 2002.

Pontevedra, 4 de novembro de 2002.

Raimundo González Carballo

Tenente alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral