Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Venres, 20 de decembro de 2002 Páx. 17.508

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA POBRA DE TRIVES

ANUNCIO.

Resolución do 18 de novembro de 2002 do Consello da Pobra de Trives (Ourense), relativa á convocatoria para prover un posto.

No BOP de Ourense nº 261 do xoves, 14 de novembro de 2002, publícanse as bases que rexerán a convocatoria do concurso-oposición para cubrir un posto de oficial de servicios diversos do Concello da Pobra de Trives (Ourense).

As citadas bases, así como o modelo de solicitude poderán examinarse no BOP xa citado.

A solicitude dirixirase ó alcalde-presidente do Concello da Pobra de Trives (Ourense).

O prazo para a presentación de solicitudes será de 20 días hábiles, contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no BOE.

Os sucesivos anuncios para tódalas fases publicaranse no BOP e no taboleiro de anuncios do Concello da Pobra de Trives (Ourense).

A Pobra de Trives, 18 de novembro de 2002.

Luis Álvarez González

Alcalde