Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Venres, 20 de decembro de 2002 Páx. 17.508

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (1714/2002).

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno en sesión ordinaria do 8 de agosto de 2002 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente, a división en dúas fases do proxecto de urbanización da zona 10 B2 do SU-29, exp. 110/99, por instancia de José Costa Prieto, en representación de Elca Or, S.L., de conformidade co informe do Servicio de Enxeñería do 3 de abril de 2001, quedando fixadas as contías das garantías para responder das obras de urbanización da seguinte forma:

Fase A: 84.517,33 A (oitenta e catro mil cincocentas dezasete con trinta e tres euros).

Fase B: 50.710,40 A (cincuenta mil setecentos dez con corenta euros).

2. Expoñer ó público polo prazo regulamentario o expediente de subdivisión do proxecto de urbanización para os efectos de reclamacións, e

3. No caso de non producirse estas entenderíase aprobado definitivamente.

De conformidade co disposto no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o citado expediente a exposición pública polo prazo dun mes, que empezará a contar a partir do día seguinte á última publicación oficial deste anuncio, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que estimen pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer no disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 6 de setembro de 2002.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde