Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Venres, 20 de decembro de 2002 Páx. 17.487

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 23 de outubro de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, polo que se somete a información pública a solicitude do perímetro de protección para o manancial do Balneario de Lugo.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Lugo fai saber que Antonio Garaloces Paz, en nome e representación do Balneario de Lugo, solicitou o perímetro de protección para o aproveitamento das augas mineromedicinais do balneario de Lugo, de conformidade co disposto no artigo 12 do Decreto 402/1996 e o Decreto 116/2001.

O que se fai público co fin de que os posibles afectados poidan alegar canto conveña ós seus intereses no prazo de quince días, de conformidade co disposto no artigo 41 do R.D. 2857/1978, Regulamento xeral para o réxime da minería, e o artigo 13 do Decreto 402/1996, Regulamento de aproveitamento de augas mineromedicinais, termais e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia.

Lugo, 23 de outubro de 2002.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E

DESENVOLVEMENTO RURAL