Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Venres, 20 de decembro de 2002 Páx. 17.488

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 2002, da Dirección Xeral de Infraestructuras Agrarias, pola que se fai pública a do 28 de novembro de 2002, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se revisa a declaración de impacto ambiental do proxecto de transformación en regadío da comarca da Limia, zona da Lagoa de Antela.

Por esta resolución faise pública a Resolución do 28 de novembro de 2002, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, que se transcribe a continuación, pola que se revisa a declaración de impacto ambiental do proxecto de transformación en regadío da comarca da Limia, zona de Antela, promovido pola Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, que se publicou no DOG do 29 de novembro de 2002, mediante Resolución do 21 de novembro do mesmo ano.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2002.

Alejandro Martínez-Geijo Nogueira-Soares

Director xeral de Infraestructuras Agrarias

Con data do 12 de novembro de 2002 a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental emitiu a resolución pola que se formula a declaración de impacto ambiental (DIA) do proxecto de transformación en regadío da comarca da Limia, zona da Lagoa de Antela, promovido pola Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural.

Detectado erro na DIA, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolve establecer pola presente revisión da declaración de impacto ambiental a modificación que a continuación se indica:

Na páxina 16.668 do DOG número 231, do 29 de novembro de 2002, no parágrafo 4 do punto 11:

Onde di: «Tendo en conta o anterior, o promotor remitirá a esta dirección xeral, no mes de xaneiro de cada ano, tres (3) exemplares de».

Substitúese por:

«Tendo en conta o anterior, o promotor remitirá a esta dirección xeral tres (3) exemplares de».

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO