Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Venres, 20 de decembro de 2002 Páx. 17.466

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 3 de decembro de 2002 pola que se outorgan nomeamentos a rexistradores da propiedade para os rexistros vacantes que se citan.

O nomeamento de rexistradores da propiedade e mercantís que desempeñen funcións en Galicia é competencia desta Comunidade Autónoma, segundo o disposto no artigo 26.1 do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981.

Visto o expediente instruído para a provisión de rexistros da propiedade vacantes en virtude de concurso ordinario convocado por resolución da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado do 11 de outubro de 2002 (BOE do 31 de outubro) e, de conformidade cos artigos 284 da Lei hipotecaria, 513 do regulamento para a súa execución, o Decreto 147/2002, do 11 de abril, e demais disposicións legais autonómicas pertinentes,

RESOLVO:

Nomea-los rexistradores da propiedade que a seguir se relacionan, para prove-los rexistros vacan

tes radicados no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia:

-Mª Jesús Montero Pardo, rexistradora de Santiago de Compostela nº 2, para o rexistro da Coruña nº 2.

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2002.

Antonio Pillado Montero

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais