Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Venres, 20 de decembro de 2002 Páx. 17.466

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 3 de decembro de 2002 pola que se outorgan nomeamentos de notarios para as notarías vacantes que se citan.

O nomeamento dos notarios que teñan que exercer no territorio de Galicia é competencia desta Comunidade Autónoma, segundo o disposto no artigo 26.1º do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981.

Visto o expediente instruído para a provisión de notarías vacantes en virtude de concurso ordinario convocado pola resolución da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado do 27 de setembro de 2002 (BOE do 5 de outubro), corrixido por Resolución do 16 de outubro de 2002 (BOE do 21 de outubro) e, de conformidade cos artigos 23, 88 e demais concordantes do Regulamento notarial, o decreto da Xunta de Galicia 147/2002, do 11 de abril, e demais disposicións legais autonómicas pertinentes,

RESOLVO:

Nomea-los notarios que a seguir se relacionan para prove-las notarías vacantes radicadas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia:

-Marcelino Estévez Fernández, notario do Grove-3ª, para a notaría de Ribeira (A Coruña).

-César Manuel Fernández- Casqueiro Domínguez, notario de Baiona-3ª, para a notaría de Vigo (Pontevedra).

-Joaquín López Doval, notario de Astorga- 3ª, para a notaría do Porriño (Pontevedra).

-Emilio Eugenio Navarro Moreno, notario de Adeje-Playa de las Américas 3ª, para a notaría de Lugo.

-Manuel Remuñán López, notario de Vilagarcía de Arousa-2ª, para a notaría de Santiago de Compostela.

-Miguel Ángel Delgado Gil, notario de oposición, para a notaría de Viveiro (Lugo).

-Juan Kutz Azqueta, notario de oposición, para a notaría de Ordes (A Coruña).

-Patricio Monzón Moreno, notario de oposición, para a notaría de Porto do Son (A Coruña).

-Miguel Prieto Escudero, notario de oposición, para a notaría de Mondoñedo (Lugo).

-Fernando Pérez Rubio, notario de oposición, para a notaría de Allariz (Ourense).

-Natalia Elvira Moreno Ibáñez, notario de oposición, para a notaría de Mugardos (A Coruña).

-María de Lara Domínguez Martínez, notario de oposición, para a notaría de San Sadurniño (A Coruña).

-Joaquín Vicente Calvo Saavedra, notario de oposición, para a notaría de Muxía (A Coruña).

-Juan Francisco de la Riva López- Riobóo, notario de oposición, para a notaría de Verín (Ourense).

-Mª José Bustillo Fernández, notario de oposición, para a notaría de Chantada (Lugo).

-Víctor Fuentes Arjona, notario de oposición, para a notaría de Guitiriz (Lugo).

-Alicia María Corral Prada, notario de oposición, para a notaría de Corcubión (A Coruña).

-Andrés Antonio Sexto Presas, notario de oposición, para a notaría de Betanzos (A Coruña).

-Marta Palacios Rubio, notario de oposición, para a notaría de Forcarei (Pontevedra).

-Olivia Perla Eljarrat López, notario de oposición, para a notaría da Fonsagrada (Lugo).

-José María Orozco Sáenz, notario de oposición, para a notaría de Friol (Lugo).

-Juan Ignacio Castro-Girona Martínez, notario de oposición, para a notaría de Meira (Lugo).

-Montserrat Trigo Mayor, notario de oposición, para a notaría de Quiroga (Lugo).

-Fernando Tenorio Blanco, notario de oposición, para a notaría da Pobra de Trives (Ourense).

-Luisa Almudena Rojas García, notario de oposición, para a notaría da Pontenova (Lugo).

-Manuel Melero Marín, notario de oposición, para a notaría de Cuntis (Pontevedra).

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2002.

Antonio Pillado Montero

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións

Laborais