Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no Instituto Galego da Vivenda e Solo, pola Orde do 30 de outubro de 2002 (DOG nº 215, do 7 de novembro), no uso das facultades e atribucións conferidas pola Lei 4/1988, da función pública, e os artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e vista a proposta do director xeral do IGVS, do 9 de decembro,
RESOLVO:
Primeiro.-Adxudicarlle destino no posto de traballo que se indica ó funcionario que se expresa no anexo da presente orde.
Segundo.-O cesamento no actual destino do funcionario que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ó da data de publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia.
Se na data na que debe cesar no seu destino o funcionario está gozando dun periodo de licencia, vacacións ou permiso, o prazo para efectualo empezará a contar a partir do día seguinte ó da súa incorporación.
A toma de posesión da praza adxudicada deberase realizar no prazo de tres días a partir do seguinte ó do cesamento, de tratarse da mesma localidade na que actualmente presta os seus servicios o funcionario, ou no prazo dun mes, de tratarse de distinta localidade, conforme o establecido no artigo 14 e 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo (DOG nº 58, do 25 de marzo).
Terceiro.-A xefatura de persoal do centro no que cause alta o funcionario efectuará dentro dos prazos sinalados anteriormente a dilixencia de toma de posesión e seguidamente serán realizados os trámites para a súa alta en nómina.
Das citadas dilixencias remitiranse copias á Dirección Xeral da Función Pública e á Inspección Xeral de Servicios.
Cuarto.-Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer potestativamente recurso de reposición ante este mesmo órgano no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación.
Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2002.
José Cuíña Crespo
Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas
e Vivenda
ANEXO
DNI: 33276000.
Grupo: C.
Apelidos e nome: Roo Leis, María.
Posto de traballo: xefe Sección Habilitación Patrimonio Inmobiliario IGVS.
Nivel: 25.
Código posto: OTA040000015770009.
Localidade: Santiago de Compostela.
Dependencia: D.T. de Construccións. IGVS.