Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Xoves, 19 de decembro de 2002 Páx. 17.386

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIÓS

ANUNCIO.

O Pleno Municipal, en sesión extraordinaria do 4 de decembro de 2002, tomou en consideración a memoria elaborada pola comisión especial para o exercicio da actividade económica parque eólico singular de Riós, acordando constituír unha empresa de economía mixta que se denominará Parque Eólico Singular de Riós, S.L. (S.A.).

O que, en virtude do que establece o artigo 97 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e 309 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, sométese o expediente a información pública polo prazo de trinta días naturais para os efectos de que cantos se consideren interesados ou afectados presenten no rexistro xeral desta entidade (con enderezo en: pr. X. Antonio, 39, 32620 Riós-Ourense) as alegacións que coiden oportunas.

Riós, 5 de decembro de 2002.

Fco. Armando Veiga

Alcalde