Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Xoves, 19 de decembro de 2002 Páx. 17.386

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA LARACHA

ANUNCIO.

O concello, en sesión plenaria ordinaria do día 27 de novembro de 2002, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar inicialmente o Plan Xeral de Ordenación Municipal, redactado por Monteoliva Arquitectura, S.L.

Segundo.-Suspende-lo procedemento de outorgamento de licencias para todo o ámbito municipal coas seguintes excepcións:

a) Nos núcleos rurais delimitados polas anteriores normas subsidiarias, cando se cumpran simultaneamente as ordenanzas de ambos documentos.

b) Ámbito do Plan parcial Z-10-Lendo.

c) Obras de mantemento, conservación e reforma de interiores, sempre e cando non supoña un cambio de uso, ou que o inmoble resulte afectado por algún nivel de protección do patrimonio outorgado polo novo plan xeral.

Terceiro.-A suspensión terá unha duración máxima dun ano.

E de conformidade co disposto no artigo 42.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese a información pública durante un mes, quedando o expediente á disposición de calquera persoa que queira examinalo e deduci-las alegacións pertinentes.

Lugar de exposición: planta baixa-edificio de Servicios Múltiples, avenida do Dr. López Astray-Torás-A Laracha.

Horario: 10 a 15 horas.

A Laracha, 28 de novembro de 2002.

José Manuel López Varela

Alcalde

Eduardo J. Figueroa Suárez

Secretario