Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Xoves, 19 de decembro de 2002 Páx. 17.386

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA LARACHA

ANUNCIO.

O concello, en sesión plenaria ordinaria do día 27 de novembro de 2002, acorda:

Primeiro.-Aprobar inicialmente os seguintes convenios urbanísticos:

a) Coa Confraría de Pescadores de Caión para o desenvolvemento da actuación urbanística nos terreos do Campo de Fútbol do Campo da Insua, en Caión (A Laracha).

b) Con Provigestión, S.L., para o desenvolvemento dun sector do solo urbanizable de uso residencial en Cancelo do Medio (A Laracha).

c) Con Gallega de Mallas, S.L., para o desenvolvemento do solo urbanizable de uso comercial, no lugar das Gándaras (A Laracha).

d) Con José Angeriz Varela, Francisco Angeriz Varela, María Magdalena Angeriz Varela e José Varela Angeriz, para o desenvolvemento dunha área de reparto nos terreos do campo de fútbol da Sociedade Deportiva de Paiosaco, sitos en Paiosaco (A Laracha).

Segundo.-Suspende-la tramitación do Plan Parcial de Ordenación Polígono Industrial da Laracha, que desenvolve as NN.SS. da Laracha.

Terceiro.-Suspende-la tramitación do Plan Parcial de Ordenación SAU Cancelo do Medio , que desenvolve as NN.SS. da Laracha.

Cuarto.-A validez dos convenios urbanísticos queda condicionada á aprobación do Plan Xeral de Ordenación.

O que se fai público durante un mes, quedando o expediente á disposición de calquera que quira examina-lo e deduci-las alegacións pertinentes.

Lugar de exposición: Secretaría Xeral-1ª planta do concello.

Horario: de 10 a 15 horas.

A Laracha, 28 de novembro de 2002.

José Manuel López Varela

Alcalde

Eduardo J. Figueroa Suárez

Secretario