Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Xoves, 19 de decembro de 2002 Páx. 17.386

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARRAL

EDICTO.

A Corporación en Pleno deste concello, en sesión que tivo lugar o día 21-3-2002, aprobou o Estatuto base da entidade de conservación do polígono Os Capelos.

Este estatuto sométese a información pública polo prazo de quince días, contados a partir desta publicación oficial, mediante a cal os interesados poderán consultalo e formula-las alegacións que xulguen pertinentes na casa do concello, onde permanece exposto.

Carral, 29 de novembro de 2002.

Juan M. Vales Rodríguez

Alcalde