Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Xoves, 19 de decembro de 2002 Páx. 17.385

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ABEGONDO

RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 2002 referente á convocatoria para prover varias prazas.

No BOP da Coruña nº 269, do 23 de novembro último, publicáronse a convocatoria e o texto íntegro das bases para cubri-las seguintes prazas:

1. Denominación: técnico superior de deportes. Número de prazas: unha. Réxime: persoal laboral. Sistema de selección: concurso-oposición.

2. Denominación: técnico de cultura. Número de prazas: unha. Réxime: persoal laboral. Sistema de selección: concurso-oposición.

3. Denominación: oficial de servicios de mantemento. Número de prazas: unha. Réxime: persoal laboral. Sistema de selección: concurso-oposición.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais contados desde o seguinte ó da publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relacionados con estas convocatorias publicaranse unicamente no BOP da Coruña e no taboleiro de anuncios deste concello.

Abegondo, 2 de decembro de 2002.

O alcalde

Rubricado