Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Xoves, 19 de decembro de 2002 Páx. 17.387

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de concurso aberto para a contratación da actualización do inventario da situación de conservación das vías públicas municipais en zonas rurais e periurbanas de Vigo.

1. Entidade adxudicante: Organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Vías e Obras, nº expediente: 35714/250.

2. Obxecto do contrato: descrición: contratación da actualización do inventario da situación de conservación das vías públicas municipais en zonas rurais e periurbanas de Vigo.

Lugar de execución: Vigo.

Prazo: un ano.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento: 60.000 euros (IVE incluído).

5. Garantías provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, Praza do Rei, s/n, 36202 Vigo, teléfono 986 81 01 48, fax 986 81 02 40.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: clasificación: non se esixe.

Outros requisitos: acredita-la solvencia económica-financeira na forma prevista no artigo 16 b) 1º do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

8. Presentación de ofertas: prazo: 15 días naturais seguintes á publicación do derradeiro anuncio de licitación no DOG e BOP.

Documentación: a esixida na cláusula 10 do prego de condicións administrativas.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo da obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

Variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte ó día en que remate o prazo de presentación de ofertas.

10. Outras informacións:

11. Gastos de anuncios: pagaraos o adxudicatario.

Vigo, 5 de decembro de 2002.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde