Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Xoves, 19 de decembro de 2002 Páx. 17.373

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 12 de novembro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/454-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: trav. de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T. e C.T. r/ Ramón Nieto, 79-87.

Situación: concello de Vigo.

Características técnicas: L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 290 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a liña SDM 7.06, á altura do cruzamento das rúas Ramón Nieto e Silvina, alimentando en bucle o C.T. que se proxecta en r/ Ramón Nieto, 79-87, no concello de Vigo, de 400 kVA,

R.T. 15 kV-380/220 V, rematando no punto de inicio da liña.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 12 de novembro de 2002.

P.A.

Mª del Carmen Girón Daviña

Secretaria provincial de Pontevedra