Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Xoves, 19 de decembro de 2002 Páx. 17.373

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 12 de novembro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/449-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: trav. de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T. e C.T. polígono industrial de Vila de Cruces.

Situación: concello de Vila de Cruces.

Características técnicas: L.M.T., subterránea a 15 kV, de 100 m de lonxitude, con conductor R.H.Z., desde o apoio C.H. 1600/15 proxectado ata o centro de transformación que se proxecta no polígono industrial, de 400 kVA, R.T. 15 kV-380/220 V, no concello de Vila de Cruces. L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 46 m de lonxitude, con conductor R.H.Z., desde o C.T. proxectado ata o apoio C.H.1 600/17,5.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 12 de novembro de 2002.

P.A.

Mª del Carmen Girón Daviña

Secretaria provincial de Pontevedra