Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Xoves, 19 de decembro de 2002 Páx. 17.373

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 12 de novembro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/433-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: trav. de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: recuamento L.M.T., C.T., R.B.T. e centro de seccionamento Santa Lucía II.

Situación: concello de Moraña.

Características técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 528 m de lonxitude, con conductor R.H.Z., desde o conductor R.H.V. da L.M.T. ó C.T. Santa Lucía existente ó C.T. existente do Buelo e desde o apoio C.H. 1600/20 ata o C.T. que se proxecta nomeado Santa Lucía II, continuando ata o centro de seccionamento que se proxecta en Santa Lucía e rematando na L.M.T. TIB 801 (Segade). C.T. de 250 kVA, R.T.20 kV-380/220 V. Centro de seccionamento con tres liñas de manobra exterior. R.B.T., subterránea, de 96 m de lonxitude, con conductor tipo R.V., desde o C.T. proxectado.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 12 de novembro de 2002.

P.A.

Mª del Carmen Girón Daviña

Secretaria provincial de Pontevedra