Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: trav. de Vigo, 204, 36207 Vigo.
Denominación: L.M.T. e C.T. avda. Ricardo Portela.
Situación: concello de Pontevedra.
Características técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 140 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.Z., desde a L.M.T. MUR 803 Pontevedra IV alimentando en bucle o C.T. que se proxecta na avda. Ricardo Portela, no concello de Pontevedra, de 400 kVA, R.T.20 kV-380-220 V, rematando no punto de inicio da liña.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Pontevedra, 11 de novembro de 2002.
P.A.
Mª del Carmen Girón Daviña
Secretaria provincial de Pontevedra