Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Xoves, 19 de decembro de 2002 Páx. 17.374

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 12 de novembro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/455-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: trav. de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: recuamento L.M.T., C.T., e R.B.T. núcleo histórico-trav. das Ánimas.

Situación: concello de Pontevedra.

Características técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 105 m de lonxitude, con conductor R.H.Z., desde a L.M.T. MUR 814 (Mourente-Fondevila) ata o C.T. que se proxecta na travesía das Ánimas, no concello de Pontevedra, de 250 kVA, R.T. 20 kV-380/220 V. R.B.T., subterránea de 2.437 m de lonxitude, con conductor tipo R.V., desde o C.T. proxectado na trav. das Ánimas e desde os CC.TT. existentes de Méndez Núñez e Fernández Villaverde.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 12 de novembro de 2002.

P.A.

Mª del Carmen Girón Daviña

Secretaria provincial de Pontevedra