Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Xoves, 19 de decembro de 2002 Páx. 17.371

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 25 de novembro de 2002, do Servicio de Informes e Recursos, pola que se notifican as denuncias por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente DX-00263-I-2002).

Por medio desta cédula notifícánselles ós denunciados, cos datos e último enderezo coñecido que se sinalan no anexo, as denuncias que se formularon contra eles. Por este motivo iniciáronse, cos números que se indican, os correspondentes expedientes sancionadores que poden dar lugar ás sancións que tamén se citan.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste de alegar por escrito perante esta Subdirección Xeral de Inspección de Transportes o que consideren conveniente, achegando ou propoñendo as probas que coiden oportunas dentro dos quince días hábiles seguintes ó da publicación desta cédula.

Para que conste, lles sirva de notificación ós citados denunciados e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela o 25 de novembro de 2002.

Alberto Eiras Martínez

Xefe do Servicio de Informes e Recursos

ANEXO

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

proposta

DX-00263-I-2002

C-3531-AS

3328943324L145100493

Pescados Ría de Muros, S.L.

Pso. Bombe, 2

15290 Muros (A Coruña)

Con data de rexistro de saída do 27 de agosto de 2002, foi requirida a empresa Pescados Ría de Muros, S.L. (como titular de autorizacións de transporte privado complementario de mercadorías) para que, no prazo de 10 días, remitise a esta subdirección xeral os discos-diagrama de tacógrafo do vehículo da súa titularidade con matrícula C-3531-AS, do mes de xuño de 2002, así como documentación relativa á actividade que realiza segundo o correspondente xustificante de recepción, o dito requirimento foi recibido o día 30 de agosto de 2002. Transcorrido o prazo sinalado non se cumpriu co citado requirimento, o que é constitutivo dunha infracción moi grave por obstrucción á actuación dos servicios de Inspección.

10-10-2002; 14

Artigo 33 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres (BOE nº 182, do 31 de xullo) e artigo 19 do Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro, regulamento da Lei 16/1987 (BOE nº 241, do 8 de outubro)Artigo 143 da Lei 16/1987 e artigo 201 do R.D. 1211/19901.390 A