Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Xoves, 19 de decembro de 2002 Páx. 17.371

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 26 de novembro de 2002, do Servicio de Informes e Recursos, pola que se notifican as denuncias por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente DX-00295-I-2002 e outro máis).

Por medio desta cédula notifícánselles ós denunciados, cos datos e último enderezo coñecido que se sinalan no anexo, as denuncias que se formularon contra eles. Por este motivo iniciáronse, cos números que se indican, os correspondentes expedientes sancionadores que poden dar lugar ás sancións que tamén se citan.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste de alegar por escrito perante esta Subdirección Xeral de Inspección de Transportes o que consideren conveniente, achegando ou propoñendo as probas que coiden oportunas dentro dos quince días hábiles seguintes ó da publicación desta cédula.

Para que conste, lles sirva de notificación ós citados denunciados e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela o 26 de novembro de 2002.

Alberto Eiras Martínez

Xefe do Servicio de Informes e Recursos

ANEXO

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

proposta

DX-00295-I-2002

PO-0887-AD

3325183846L145493

Eliemi, S.L.

Praza de España, 2, 1

362 Pontevedra

Realizar transporte de mercadorías (terra) co vehículo matrícula PO-0887-AD (vehículo ríxido de 3 eixes) que está provisto dunha autorización da clase MPC-nacional, o citado vehículo está autorizado cunha MMA de 26.000 kg e presenta un peso total en báscula móbil modelo Haenni WL 103, nº 1851 e 1852, de 27.950 kg, o que supón realizar transporte cun exceso de peso de 1.950 kg, que representa un 7% de exceso sobre a MMA do vehículo.

11-11-2002; 12.30; N-558; 4

Artigo 200.3º do R.D. 1211/1990Artigo 143 da Lei 16/1987 e artigo 201 do R.D. 1211/1990300 A

DX-00303-I-2002

PO-7033-BL

3325183846L145100493

Eliemi, S.L.

Praza de España, 2, 1

362 Pontevedra

Realizar transporte de mercadorías (terra) co vehículo matrícula PO-7033-BL (vehículo ríxido de 4 eixes) que está provisto dunha autorización da clase MPC-nacional, o citado vehículo está autorizado cunha MMA de 32.000 kg e presenta un peso total en báscula móbil modelo Haenni WL 103, nº 1851 e 1852, de 36.150 kg, o que supón realizar transporte cun exceso de peso de 4.150 kg, que representa un 12% de exceso sobre a MMA do vehículo.

11-11-2002; 16.34; N-558; 4

Artigo 200.3º do R.D. 1211/1990Artigo 143 da Lei 16/1987 e artigo 201 do R.D. 1211/1990600 A