Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Xoves, 19 de decembro de 2002 Páx. 17.364

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (305/2002).

Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social numero un da Coruña, fago saber que nos autos número 305/2002 seguidos por instancia de Joaquín Mouta Nogueira, contra Infersa Galicia e outros sobre reclamación de cantidades, a maxistrada-xuíza deste xulgado, Isabel Olmos Parese, dictou sentencia, con data do 5 de novembro de 2002, coa seguinte parte dispositiva:

«Que, estimando a demanda presentada por Joaquín Mouta Nogueira, debo declarar e declaro o dereito do demandante a percibi-la cantidade de 1.101.380 pesetas (6.619,43 euros) polos conceptos que se expresan no feito probado segundo desta reso

lución en, nese sentido, debo condenar e condeno solidariamente as empresas Infersa Galicia, S.A., Infersa, S.A. e Ibeca Calefacción, S.L. a que, estando e pasando por tal declaración, aboen ó demandante a cantidade de 1.101.380 pesetas (6.619,43 euros) en concepto de diferencias salariais por aplicación do convenio das industrias siderometalúrxicas.

Notífiqueselles esta sentencia ás partes, ás que se lles fará saber que, contra esta resolución cabe o recurso de suplicación, que deberá anunciarse perante este xulgado no prazo de cinco días, contados a partir da notificación desta sentencia, por comparecencia, ou por escrito das partes, o seu avogado ou representante legal, designando o letrado que deberá de interpoñelo, de ser posible o anuncio por mera manifestación daquela ó ser notificada, e que será resolto, de se-lo caso, e cumpridos os trámites legais, pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A empresa condenada deberá asemade acreditar, ó anunciar-lo recurso, ter consignado o importe da condena na conta de consignacións deste xulgado, aberta no BBV, conta nº 5602-60, podendo substituírse polo aseguramento mediante aval bancario, constando a responsabilidade solidaria do avalista, máis outra cantidade de 150,25 euros na mesma conta e en calidade de depósito nun impreso separado ó do importe da condena.

Así por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación a Infersa Galicia, S.A., que tivo o seu último enderezo coñecido en r/ Francisco Mariño 14, 1º local 11, A Coruña, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña, o 5 de novembro de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado