Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Xoves, 19 de decembro de 2002 Páx. 17.364

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE FERROL

EDICTO-CÉDULA de notificación (249/2002).

No procedemento de referencia dictouse a resolución do teor literal seguinte:

«Que estimo integramente a demanda formulada por Higinio González Hermida contra María del Mar Fernández Ares e, na súa virtude:

a) Declaro a recuperación polo demandante da plena posesión do predio urbano obxecto deste preito, polo que terá lugar no prazo dun mes contado desde a firmeza da presente resolución, e, así mesmo,

b) Condeno a demandada ó pagamento das custas causadas neste procedemento, se as houber.

E como consecuencia do ignorado paradoiro de María del Mar Fernández Ares, expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación».

Ferrol, dezasete de outubro de dous mil dous.

O/a secretario/a

Rubricado