Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Xoves, 19 de decembro de 2002 Páx. 17.349

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 10 de decembro de 2002 pola que se convoca concurso para a provisión de postos de traballo vacantes das escalas de estatística da Xunta de Galicia.

Segundo establece o artigo 27 da Lei 4/1988, da Función Pública de Galicia, o concurso constitúe o sistema normal de provisión de postos de traballo vacantes na Administración.

Esta consellería, de conformidade co establecido na citada lei, modificada pola Lei 3/1995, do 10 de abril, no Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e demais normas concordantes, acorda convoca-lo presente concurso de méritos para a provisión dos postos de traballo vacantes e dotados orzamentariamente que se relacionan no anexo I da presente orde, de conformidade coas seguintes bases:

I. Requisitos de participación.

I.1. Só poderán participar no presente concurso os funcionarios/as das escalas superior e técnica de estatística da Xunta de Galicia que reúnan os requisitos esixidos para desempeña-los postos ós que se opta conforme o especificado en cada caso no anexo I da presente convocatoria, salvo aqueles que leven menos de dous anos desempeñando un posto definitivo obtido por concurso, de conformidade co disposto no artigo 27 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia.

Ós funcionarios que accederan a un corpo por promoción interna e permaneceran no posto de traballo que desempeñaban, computaráselles o tempo de servicios prestados no dito posto no corpo de procedencia, para os efectos do disposto no parágrafo anterior.

I.2. Están obrigados a participar no presente concurso os funcionarios/as da Administración da Xunta de Galicia que estean en situación de adscrición provisional nela e reúnan os requisitos esixibles na presente convocatoria e anexos correspondentes, debendo solicitar tódolos postos de traballo ós que poidan acceder, todo iso de conformidade co establecido no artigo 58 da Lei 4/1988, do 26 de maio, modificado pola Lei 3/1995, do 10 de abril.

I.3. Poderán solicitarse por orde de preferencia as vacantes que se inclúen no anexo I desta orde, sempre que se reúnan as condicións esixidas neste.

Os erros manifestos que puideran advertirse, poderán ser emendados de oficio ou por petición da parte interesada e serán apreciados libremente por parte da comisión de valoración á que se fai referencia na base VI.

I.4. Unha vez transcorrido o período de presentación de instancias, as solicitudes formuladas serán vinculantes para o peticionario e os destinos adxudicados serán irrenunciables, salvo que se obtivese outro destino mediante convocatoria pública antes de finaliza-lo prazo de toma de posesión.

I.5. Así mesmo, os funcionarios que o desexen poderán solicita-los postos que resulten vacantes a consecuencia da resolución deste concurso, especificando a súa preferencia indicando o nivel do posto de traballo ó que opte (especificando o nivel mínimo do que se solicita).

Os postos resultantes adxudicaranse de acordo coas puntuacións obtidas de conformidade co baremo que rexe neste concurso.

II. Valoración de méritos.

A valoración dos méritos para a adxudicación dos postos de traballo efectuarase conforme o seguinte baremo:

II.1. Grao persoal consolidado.

Polo nivel 16 de grao consolidado: 1,90 puntos.

Por cada unidade de nivel que exceda de 16: 0,15 puntos.

Puntuación máxima deste punto: 4 puntos.

Nos supostos en que os funcionarios non teñan consolidado ningún grao persoal ou este sexa inferior a 16 computarase, para os efectos de puntuación no presente punto, o nivel mínimo correspondente ó intervalo de niveis do grupo do corpo ou da escala á que pertenza o funcionario.

II.2. Valoración do traballo desenvolvido e permanencia.

1. A valoración do traballo desenvolvido efectuarase de acordo cos seguintes criterios:

Só se computarán os traballos desenvolvidos nos últimos cinco anos como funcionario de carreira nos distintos grupos.

A valoración efectuarase do seguinte xeito:

a) Por cada ano ou fracción superior a 6 meses de traballo desenvolvido, sempre que o posto solicitado sexa inferior ó posto desempeñado en máis de dous niveis: 0,60 puntos.

b) Por cada ano ou fracción superior a 6 meses de traballo desenvolvido, cando o posto desempeñado e o solicitado teñan igual nivel ou o posto solicitado sexa inferior ó posto desempeñado ata dous niveis: 0,50 puntos.

c) Por cada ano ou fracción superior a 6 meses de traballo desenvolvido, sempre que o posto solicitado sexa de nivel superior ó desempeñado: 0,40 puntos.

2. Permanencia (no posto desde o que se participa, como funcionario de carreira):

Por permanecer no mesmo posto: 0,15 puntos por cada ano ou fracción superior a 6 meses.

Exclúense desta puntuación, de se-lo caso, aqueles anos que correspondan ós dous de permanencia obrigatoria tras obte-la praza de que se trate por concurso.

Os que se atopen na situación de adscrición provisional, e os que participen desde un posto obtido polo sistema de libre designación terán o mesmo tratamento que os que o fagan desde un posto obtido por concurso.

Para os efectos anteriores (valoración do traballo e permanencia), os servicios prestados na situación de comisión de servicios puntuaranse como realizados no posto de orixe do funcionario.

Puntuación máxima deste epígrafe: 4,5 puntos.

II.3. Cursos de formación e perfeccionamento e titulación académica.

II.3.1. Por cursos organizados e impartidos directamente pola Escola Galega de Administración Pública, INAP, IGE, INE, escolas oficiais de formación das restantes comunidades autónomas, universidades, ou convocados ou realizados en colaboración con Eurostat ou co Instituto Internacional de Estatística (ISI) así como os cursos homologados e os que recibiron informe favorable da comisión de formación continua da Comunidade Autónoma de Galicia, que teñan un contido directamente relacionado co posto de traballo ó que se concursa.

Puntuaranse os cursos de idiomas inglés, francés ou portugués organizados e impartidos directamente polos organismos anteriormente indicados.

A valoración dos cursos farase de acordo cos seguintes criterios:

a) Por cada curso igual ou inferior a 30 horas lectivas: 0,30 puntos.

b) Por cada curso superior a 30 horas lectivas e igual ou inferior a 75: 0,45 puntos.

c) Por cada curso superior a 75 horas lectivas: 0,60 puntos.

Así mesmo, puntuaranse os cursos de idiomas inglés, francés ou portugués organizados e impartidos directamente polo instituto de idiomas ou escolas oficiais de idiomas (enténdese por curso ano superado), puntuándose neste suposto de conformidade co disposto no epígrafe c).

Non se valorarán os diplomas relativos á realización de xornadas, seminarios, simposios e similares.

Non se puntuarán os cursos que non acrediten as horas de duración.

Puntuación máxima do epígrafe II.3.1.: 3 puntos.

II.3.2. Titulación académica.

-Enxeñeiro técnico, diplomado universitario, arquitecto técnico ou equivalente: 0,90 puntos.

-Licenciado universitario, enxeñeiro, arquitecto ou equivalente: 1,20 puntos.

-Título de doutor: 1,5 puntos.

Puntuación máxima do epígrafe II.3.2.: 1,5 puntos.

Valorarase unha soa titulación académica, sempre que sexa distinta á requirida para o acceso á escala desde a que se concurse e de igual ou superior nivel académico.

Para os efectos de equivalencia de titulación só se admitirán as establecidas polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte con carácter xeral e válidas para tódolos efectos (debendo citar a continuación a disposición na que se establece a equivalencia e o BOE no que se publica).

Puntuación máxima do epígrafe II.3: 4,5 puntos.

II.4. Grao de coñecemento do idioma galego.

Iniciación ó galego: 1 punto.

Perfeccionamento de galego: 2 puntos.

Linguaxe administrativa, nivel medio de linguaxe administrativa local galega ou de linguaxe xurídica galega, os ciclos elemental e superior dos estudios de galego das escolas oficiais de idiomas: 3 puntos.

En caso de acreditar máis dun grao de coñecemento de galego, só se computará o superior.

Só se lle concederá validez, no que se refire á acreditación do coñecemento do galego, ós cursos, estudios ou titulacións homologadas pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

O coñecemento do idioma galego só será obxecto de valoración neste epígrafe.

II.5. Antigüidade:

Servicios prestados nas administracións públicas:

Por cada ano de servicios ou fracción superior a 6 meses como funcionario de carreira: 0,15 puntos.

Puntuación máxima deste epígrafe: 4,5 puntos.

Para estes efectos computaranse os recoñecidos polo órgano competente que se prestasen con anterioridade á condición de funcionario.

II.6. Polo grupo ó que pertence o funcionario e desde o que participa no concurso outorgaranse os seguintes puntos.

Por pertencer ó grupo A: 5 puntos.

Por pertencer ó grupo B: 4 puntos.

II.7. A orde de prioridade para a adxudicación das prazas será determinada pola puntuación obtida de acordo co baremo anterior.

Tódolos méritos considerados nesta base computaranse ata a data de finalización do prazo de presentación de instancias.

En caso de empate nas puntuacións acudirase para dirimilo á outorgada polos méritos alegados seguindo a orde establecida nos diferentes puntos desta base.

De persisti-lo empate, resolverase pola orde alfabética do primeiro apelido, e de ser igual polo segundo, a partir da letra resultante no sorteo que tivo lugar o día 26 de febreiro de 2002 (DOG nº 47, do 6 de marzo). En último lugar solventaríase por sorteo entre os implicados.

II.8. A puntuación mínima para poder adxudica-los postos que se ofertan nesta convocatoria é a que para cada un deles se especifica no anexo I.

III. Documentación.

III.1. Os datos relativos ás circunstancias persoais e administrativas dos concursantes, así como os concernentes ós méritos que aduzan acreditaranse debidamente e deberán posuírse na data de finalización do prazo de presentación de instancias.

III.2. Os méritos, requisitos e datos imprescindibles deberán ser acreditados mediante certificado, que se acompañará coa instancia que se presente, segundo o modelo que figura como anexo III, debendo o funcionario competente que certifique, xunta-la dita certificación, as fotocopias da documentación correspondente ás distintas situacións e méritos que se invoquen, que formarán parte integrante da certificación e presentaranse cotexadas fidedignamente debendo numerarse de acordo co indicado modelo, significando que non se valorarán aqueles méritos que para a/as comisión/s non estivesen suficientemente acreditados. Estas certificacións serán expedidas polas unidades seguintes, de acordo co destino de cada funcionario.

-Servicios centrais: secretario xeral, subdirector xeral ou xefes de servicio que teñan atribuídas funcións en materia de xestión de persoal, dependentes da secretaría xeral da consellería respectiva, ou dos seus organismos autónomos.

-Servicios periféricos: secretarios, ou se é o caso, funcionario responsable da área de persoal das delegacións/direccións territoriais, provinciais ou comarcais da consellería respectiva, ou dos seus organismos autónomos.

IV. Solicitudes.

IV.1. As solicitudes para tomar parte no presente concurso dirixiranse á directora xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública e axustaranse ó modelo que se publica como anexo II desta orde, debendo presentarse no prazo de quince días contados a partir do día seguinte ó da publicación da convocatoria e dos seus anexos no Diario Oficial de Galicia, nos rexistros xerais da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, nas súas delegacións provinciais e oficinas comarcais da Xunta de Galicia, así como nos lugares previstos no artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

IV.2. Os funcionarios con algunha discapacidade poderán instar, no caso de que lles fora adxudicado algún dos postos solicitados, a adaptación de medios materiais para o desempeño do dito posto, e a comisión de valoración poderá reclamarlle ó interesado, mediante entrevista, a información que considere precisa para a adaptación aducida, e igualmente, se é o caso, de consideralo oportuno, o dictame correspondente.

IV.3. No suposto de estaren interesados nas vacantes que se anuncian neste concurso para a mesma localidade dous funcionarios que reúnan os requisitos esixidos, poderán condiciona-la súa petición, por razóns de convivencia familiar, aínda que pertenzan a distintos corpos ou escalas, ó feito de que ámbolos dous obteñan destino na mesma localidade, entendéndose en caso contrario anulada a petición efectuada por ámbolos dous. Os funcionarios que se acollan a esta petición condicional deberán concretalo na súa instancia e xuntar unha fotocopia da petición do outro funcionario.

IV.4. Unha vez transcorrido o período de presentación de instancias non poderá renunciarse ás solicitudes formuladas e estas serán vinculantes para o peticionario e os destinos adxudicados serán irrenunciables, tanto no que se refire á base I.3 como á I.5, salvo que se obteña outro destino mediante convocatoria pública antes de remata-lo prazo de toma de posesión.

V. Listaxe de admitidos e excluídos.

V.1. Expirado o prazo de presentación de instancias, a directora xeral da Función Pública, dictará resolución que se publicará no Diario Oficial de Galicia na que se declarará aprobada a lista de admitidos e excluídos con indicación do lugar no que se atopan expostas.

V.2. Os excluídos disporán dun prazo de dez días, contados a partir do seguinte ó da publicación da resolución, para poder emendar, de se-lo caso, o defecto que motivase a exclusión. Para tal efecto a estimación ou desestimación das ditas peticións de emendas entenderanse implícitas na resolución pola que se publique a listaxe definitiva.

Unha vez transcorrido o dito prazo, a Dirección Xeral da Función Pública dictará resolución definitiva, contra a que se poderá interpoñer recurso potestativo de reposición ante a Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase impugnar directamente ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co establecido no artigo 14.2º da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

VI. Comisión de valoración.

VI.1. A valoración dos méritos alegados polos concursantes para a adxudicación dos postos de traballo

vacantes será efectuada pola comisión de valoración que prevé o artigo 12 do Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna coa composición establecida nel. Esta comisión terá a categoría primeira das previstas no Decreto 144/2001, do 7 de xuño, e será nomeada polo órgano convocante. Os acordos da comisión adoptaranse por maioría dos seus membros.

VI.2. Poderá nomearse máis dunha comisión de valoración cando iso fose necesario polo número de solicitantes.

Neste suposto corresponderalle á comisión de valoración número un resolver cantas consultas, interpretacións, criterios de valoración e de unificación poidan presentarse nas comisións sobre as normas que rexen o concurso, así como a coordinación das restantes comisións e recibi-los expedientes destas relativos ás correspondentes valoracións do concurso, e eleva-la proposta para a adxudicación da totalidade das prazas.

VI.3. A/as comisión/s poderán dispoñe-la incorporación ós seus traballos de asesores, para aquelas tarefas que o requirisen. A proposta de designación destes faraa a comisión número un, procedéndose ó seu nomeamento polo órgano convocante.

VI.4. A proposta de adxudicación dos postos de traballo ofertados recaerá en todo caso sobre o concursante que obtivera maior puntuación conforme o baremo establecido na base II, así como, se é o caso, conforme os criterios de desempate fixados na base II.8.

VI.5. Unha vez efectuada a proposta provisional da comisión de valoración para a adxudicación dos destinos farase pública no Diario Oficial de Galicia mediante unha resolución da Dirección Xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública. Os concursantes poderán formula-las oportunas reclamacións, se é o caso, contra a dita proposta ante esta dirección xeral no prazo de dez días hábiles a partir do seguinte ó da publicación, que se presentarán no rexistro xeral da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, nas delegacións provinciais e oficinas comarcais da dita consellería, ou nos lugares previstos no artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

VI.6. Examinadas e resoltas pola comisión/s as reclamacións, se é o caso, presentadas, procederase a elevar proposta definitiva de resolución do concurso, que será resolta por unha orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, que se publicará no Diario Oficial de Galicia e na que figurarán os destinos adxudicados a cada un dos participantes.

Para tal efecto, a estimación ou desestimación das reclamacións entenderanse implícitas na citada orde.

VII. Adxudicación de destinos.

VII.1. Os destinos adxudicados serán irrenunciables, salvo que con anterioridade á finalización do prazo posesorio se obteña outro destino mediante convocatoria pública, ben polo procedemento de libre designación ou por concurso, en que poderán optar por un dos dous, estando obrigados a comunicar por escrito nos tres días seguintes a opción realizada á Dirección Xeral da Función Pública.

VII.2. Os traslados que se deriven da resolución do presente concurso terán a consideración de voluntarios; en consecuencia non xerarán dereito a indemnización.

VIII. Toma de posesión.

A toma de posesión en tódolos postos adxudicados como consecuencia da realización do presente concurso realizarase a partir da data que se faga constar na orde de resolución deste, desde a que se iniciará

o cómputo dos prazos posesorios establecidos no artigo 14 do Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna.

IX. Recursos.

Contra a presente orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase impugnar directamente ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co establecido no artigo 14.2º da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2002.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública

ANEXO I

Concurso estatística 03/2002

Código do postoDenominaciónNivelEspecíficoGrupoCentro directivoCentro de destinoConcelloPuntuación mínima

1EF.A01.00.000.15770.002Posto base grupo A203.911,76AInstituto Galego

de Estatística

Instituto Galego de EstatísticaSantiago

de Compostela

7,50

2EF.A01.00.000.15770.003Posto base grupo A203.911,76AInstituto Galego

de Estatística

Instituto Galego de EstatísticaSantiago

de Compostela

7,50

3EF.A01.00.000.15770.010Posto base grupo A203.911,76AInstituto Galego

de Estatística

Instituto Galego de EstatísticaSantiago

de Compostela

7,50

4EF.A01.00.000.15770.011Posto base grupo A203.911,76AInstituto Galego

de Estatística

Instituto Galego de EstatísticaSantiago

de Compostela

7,50

5EF.A01.00.001.15770.057Xefe Sección Bibliotecas e Publicacións257.606,08ABSecretaría TécnicaInstituto Galego de EstatísticaSantiago

de Compostela

5,90

6EF.A01.00.001.15770.067Xefe Sección Análise

e Estudios

257.606,08ABSecretaría TécnicaInstituto Galego de EstatísticaSantiago

de Compostela

5,90

7EF.A01.00.002.15770.011Xefe Sección

de Asistencia Técnica

257.606,08ABS. X. de Coordinación Técnica e Planificación EstatísticaInstituto Galego de EstatísticaSantiago

de Compostela

5,90

8EF.A01.00.002.15770.023Xefe Sección Análise

e Estudios

257.606,08ABS. X. de Coordinación Técnica e Planificación EstatísticaInstituto Galego de EstatísticaSantiago

de Compostela

5,90

9EF.A01.00.002.15770.039Xefe Sección Análise

e Estudios

257.606,08ABS. X. de Coordinación Técnica e Planificación EstatísticaInstituto Galego de EstatísticaSantiago

de Compostela

5,90

10EF.A01.00.002.15770.043Xefe Sección Análise

e Estudios

257.606,08ABS. X. de Coordinación Técnica e Planificación EstatísticaInstituto Galego de EstatísticaSantiago

de Compostela

5,90

11EF.A01.00.002.15770.051Xefe Sección

de Asistencia Técnica

257.606,08ABS. X. de Coordinación Técnica e Planificación EstatísticaInstituto Galego de EstatísticaSantiago

de Compostela

5,90