Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Xoves, 19 de decembro de 2002 Páx. 17.349

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 2002 pola que se aproba o plan de utilización dos espacios portuarios de Baiona (Pontevedra).

O ente público Portos de Galicia, en cumprimento do artigo 15.2º da Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, modificada pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, redactou o plan de utilización dos espacios portuarios de Baiona (Pontevedra) en abril de 2002.

Seguindo o indicado na Lei 27/1992, o citado plan de utilización dos espacios portuarios foi tramitado polo ente público Portos de Galicia. Como resultado da tramitación do expediente, o dito plan foi modificado en decembro de 2002.

En reunión do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia, celebrada o día 4 de decembro de 2002, e en cumprimento do disposto no artigo 13 e) do Decreto 227/1995, do 20 de xullo, polo que se aproba o Regulamento do ente público Portos de Galicia, modificado polo Decreto 83/2002, do 28 de febreiro, acordouse da-la súa conformidade ó plan de utilización dos espacios portuarios de Baiona e elevalo e propolo para a súa aprobación.

Visto o expediente e o informe-proposta dos técnicos da Área de Explotación e Planificación de Portos de Galicia, así como o acordo do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia dando a conformidade ó plan de utilización dos espacios portuarios de Baiona e acordando elevalo e propoñelo para a súa aprobación.

O presidente de Consello de Administración do ente público Portos de Galicia, por delegación do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, conferida por Orde do 21 de novembro de 2002,

RESOLVE:

Aproba-lo plan de utilización dos espacios portuarios de Baiona (Pontevedra) redactado en decem

bro de 2002 pola Área de Explotación e Planificación de Portos de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2002.

Emilio García Gallego

Presidente do Consello de Administración

do ente público Portos de Galicia

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA