Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Mércores, 18 de decembro de 2002 Páx. 17.331

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO PORRIÑO

ANUNCIO.

No BOP de Pontevedra, número 222, do 19 de novembro de 2002, publicáronse integramente as bases xerais e específicas da convocatoria para a provisión, con carácter fixo, de postos de traballo vacantes no cadro de persoal laboral deste concello, segundo o seguinte detalle:

a) Sistema de concurso-oposición libre:

Denominación: oficial electricista. Número de prazas: dúas.

b) Sistema de concurso libre:

Denominación: monitor encargado pavillón deportivo. Número de prazas: unha.

Denominación: asistente social ou diplomado en traballo social. Número de praza: unha.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial del Estado.

O Porriño, 25 de novembro de 2002.

José Manuel Barros González

Alcalde