Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Mércores, 18 de decembro de 2002 Páx. 17.331

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VERÍN

RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 2002 referente á convocatoria de concurso-oposición para cubrir un posto de traballador social, vacante no cadro de persoal laboral fixo deste concello.

O alcalde, polo Decreto do 18-11-2002, aprobou o sistema de selección, bases e convocatoria para a provisión con carácter definitivo dos seguintes postos de traballo vacantes (oferta de emprego para o ano 2000):

Persoal laboral:

Posto: traballador social.

Publicación íntegra bases e convocatoria: BOP de Ourense nº 272, do 27 de novembro de 2002 (inclúese temario e modelo de instancia).

Prazo de presentación de instancias: os vinte días naturais seguintes ó de publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Sistema de selección: concurso-oposición.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria publicaranse no BOP e no taboleiro de edictos deste concello.

Verín, 2 de decembro de 2002.

Juan Manuel Jiménez Morán

Alcalde