Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Mércores, 18 de decembro de 2002 Páx. 17.331

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA MERCA

ANUNCIO de aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal da Merca.

Aprobado inicialmente polo Pleno do Concello o Plan Xeral de Ordenación Municipal da Merca, en execución do disposto no artigo 42 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, exponse ó público polo prazo dun mes contado a partir da data da publicación deste anuncio no DOG, para que tódalas persoas interesadas poidan examina-lo documento e presentar no dito prazo as alegacións que estimen oportunas.

O expediente e documento do PXOM poderá examinarse na Sección de Urbanismo do concello de 10 a 14 horas.

Segundo o disposto no artigo 33 da lei citada, quedará suspendido o outorgamento de licencias en todo o termo municipal agás das obras de edificación por execución directa, nos núcleos delimitados ata hoxe polo concello.

Manuel Vázquez Outeiriño

Alcalde