Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Mércores, 18 de decembro de 2002 Páx. 17.330

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, na sesión do 20 de novembro de 2002, aprobou a contratación das accións formativas para os cursos do proxecto Achegar e a súa adxudicación polo procedemento aberto e pola forma de concurso. Por medio deste anuncio, dáse a coñece-la licitación consonte as seguintes características:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Lugo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: a impartición das seguintes accións formativas:

-Auxiliar de axuda no fogar (2 cursos): 400 horas.

-Auxiliar de Centro de Día Alzheimer: 400 horas.

-Taller de cociña: 300 horas, e as respectivas prácticas profesionais cunha duración de 120 horas cada unha.

Os licitadores poderán presentar proposta a unha ou a varias das accións formativas obxecto do contrato.

b) Prazo de execución: o remate de cada unha das accións formativas non excederá o 28 de febreiro de 2003.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento de licitación.

Importe total: o importe total do contrato é de 151.307,82 euros, desagregados segundo as diferentes accións formativas nos seguintes prezos:

-Auxiliar de axuda no fogar, 56.548,02 euros.

-Auxiliar de Centro de Día Alzheimer, 51.210,07 euros.

-Taller de cociña, 43.549,73 euros.

Non obstante, o prezo do contrato será o ofrecido polo adxudicatario/s nas súas ofertas.

5. Garantías.

Provisional: 2% do importe de licitación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Lugo, Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197.

c) Localidade e código postal: Lugo, 27002.

d) Teléfonos: 982 29 71 86, 982 29 71 43.

e) Telefax: 982 29 72 59.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Outros requisitos: os sinalados no prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: quince días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación necesaria: a que figura na cláusula décimo terceira do prego de cláusulas económico-administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: Concello de Lugo, oficina de rexistro ou nos lugares legalmente establecidos.

2ª Domicilio: Ronda da Muralla, 197.

3ª Localidade e código postal: Lugo, 27002.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Lugo.

b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197 (3ª planta).

c) Localidade: Lugo.

d) Data: o décimo día hábil (agás sábado ou festivo) posterior ó remate do prazo de presentación das proposicións.

10. Outras informacións: as que se recollen no prego de cláusulas económico-administrativas particulares.

11. Gastos dos anuncios: 1.104,87 euros que serán por conta dos contratistas adxudicatarios.

Lugo, 26 de novembro de 2002.

Mª Eva Martín Minguela

Vicesecretaria

Visto e prace

P.D.

Fernando X. Blanco Álvarez

Tenente alcalde delegado de área