Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Mércores, 18 de decembro de 2002 Páx. 17.330

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LALÍN

ANUNCIO.

A Corporación en Pleno, en sesión extraordinaria celebrada o día 4 de decembro do ano en curso, acordou inicia-lo expediente para autoriza-lo exercicio por parte do concello da actividade económica consistente na promoción e explotación dun parque eólico singular, nos termos e coas condicións establecias na memoria de data 29 de novembro de 2002 redactada pola comisión de estudio nomeada para o efecto.

Mediante este anuncio exponse ó público tanto a memoria como o expediente, por un período de trinta días durante o cal poderán presentarse reclamacións ou alegacións, e todo iso de conformidade co establecido no artigo 309 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, da Administración local de Galicia.

Lalín, 4 de decembro de 2002.

Camilo González Bodaño

Alcalde accidental