Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Mércores, 18 de decembro de 2002 Páx. 17.329

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno en sesión de data 5-12-2002 acordou:

1. Aprobar con carácter inicial o estudio de detalle da UA 29 delimitada no PXOU promovido pola sociedade Servicios Inmobiliarios Tremon, S.L. propietaria dos terreos e redactado polo arquitecto Santiago González García.

2. Somete-lo documento inicialmente aprobado a información pública polo prazo dun mes, o que se anunciará no DOG e nun xornal dos de maior difusión da provincia.

Os prazos contaranse desde a última publicación deste anuncio (DOG ou xornal) e poderá examinarse o expediente nas oficinas municipais do Servicio de Urbanismo e presenta-las alegacións que consideren oportunas.

Culleredo, 10 de decembro de 2002.

Ricardo Seoane Candamio

Concelleiro delegado de Urbanismo