Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Mércores, 18 de decembro de 2002 Páx. 17.329

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BUEU

ANUNCIO de exposición pública.

Aprobado inicialmente por acordo do Pleno deste concello, do 9-12-2002, o expediente de modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal destinado a conseguir unha nova ordenación da Unidade de Actuación (UA) coñecida como Parcela Massó, delimitada polas rúas de Montero Ríos, Eduardo Vincenti, Pazos Fontenla e Xoán Carballeira, sométese a información pública polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da aparición deste anuncio no último dos boletíns ou xornais nos que deba ser publicado (BOP, DOG e Diario de Pontevedra).

Durante o dito prazo o expediente atoparase á disposición dos interesados para que poidan examinalo e presenta-las alegacións que teñan por pertinentes.

Bueu, 9 de decembro de 2002.

Tomás Barreiro Sotelo

Alcalde