Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Mércores, 18 de decembro de 2002 Páx. 17.329

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BETANZOS

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión do 8 de outubro de 2002, acordou aprobar inicialmente o proxecto de urbanización da unidade de execución integral UEI-1b, sita na rúa da Cruz Verde, tramitado por Carmen Crespo Pereiro, o que se fai público por espacio dun mes desde o día seguinte ó desta publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto no artigo 44.3º da Lei 7/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, para os efectos das posibles alegacións que se consideren procedentes. O expediente queda de manifesto, durante o prazo sinalado no Servicio de Urbanismo deste concello.

Betanzos, 13 de novembro de 2002.

Manuel Lagares Pérez

Alcalde