Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Mércores, 18 de decembro de 2002 Páx. 17.329

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se comunica a resolución do expediente sancionador Secretaría 69/2002.

De conformidade co disposto no art. 59.5º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro, notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona a resolución do expediente sancionador instruído pola Delegación Provincial de Sanidade da Coruña, por incumprimento da Lei 14/1986, xeral de sanidade, do 25 abril, e o Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor.

A partir do día seguinte ó da publicación deste acordo, segundo o disposto nos arts. 114 e 115 da devandita Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, dispón do prazo dun mes para presentar recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade.

Expediente sancionador Secretaría 69/2002.

Denunciado: Andrés Goraliza e Hijos, S.L.

Último enderezo coñecido: San Vicente de Paúl, 17. A Coruña.

Cualificación da infracción: leve.

Importe da sanción: noventa euros con quince céntimos.

A Coruña, 31 de outubro de 2002.

Mª Blanca García Varela

Delegada provincial da Coruña