Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Mércores, 18 de decembro de 2002 Páx. 17.328

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se comunica a paralización de inicio do expediente sancionador Secretaría 249/2002.

De conformidade co disposto no art. 59.5º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común,

do 26 de novembro, notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona, o acordo de paralización de inicio do expediente sancionador instruído pola Delegación Provincial de Sanidade da Coruña, por incumprimento da Lei 14/1986, xeral de sanidade, do 25 abril e o Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor.

Polo que se lle comunica que de acordo co establecido no artigo 4 punto 6º do Real decreto 1398/1993, se procede á paralización do inicio de novas actuacións administrativas en tanto non se resolva outro expediente iniciado contra o interesado.

Expediente sancionador: Secretaría 249/2002.

Denunciado: Manuel Castro Pita.

Derradeiro enderezo coñecido: Coruza, nº 5-B. Neda.

A Coruña, 28 de outubro de 2002.

Mª Blanca García Varela

Delegada provincial da Coruña