Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Mércores, 18 de decembro de 2002 Páx. 17.328

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CÉDULA do 3 de decembro de 2002, da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional, pola que se notifica resolución de reintegro de pagamento anticipado recibido.

Tentada sen efecto a notificación a Asociación de Veciños Centro-Estación-Casablanca, CIF G-36752707, con último enderezo coñecido na praza da Estación, s/n, Vigo (Pontevedra), da resolución desta dirección xeral de data 26 de agosto, do teor literal seguinte: «Á Asociación de Veciños Centro-Estación-Casablanca foille concedida unha axuda de 3.606,07 A (600.000 ptas.), ó abeiro da Orde do 21 de outubro de 1998 (DOG do 9 de decembro), pola que se establecen axudas para a realización

de actividades de alfabetización e formación de adultos na Comunidade Autónoma de Galicia durante o ano 1999.

Con posterioridade e logo da aceptación da subvención e certificación por parte da entidade de ter comezadas tódalas actividades, procedeuse á liquidación dun anticipo de pagamento do 80% (2.884,86 A, 480.000 ptas.).

Como establece o punto décimo segundo da Orde do 21 de outubro de 1998, a Asociación de Veciños Centro-Estación-Casablanca tiña a obriga de presentar antes do 15 de outubro de 1999 unha memoria e unha xustificación de gastos. Non recibindo esa documentación, dáselle un novo prazo.

Con data 17 de xaneiro de 2000, a entidade solicita un novo prazo para presenta-la memoria, alegando diferencias coa profesora do curso.

Comunicándolle con posterioridade á Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional que ó non xustifica-lo anticipo do pagamento recibido, tería que reintegra-la cantidade percibida.

Á vista do que esta Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional resolve modifica-la resolución da concesión da axuda, debendo reintegra-lo importe anticipado, que ascende á contía de 2.884,86 A (480.000 ptas.).

Así mesmo, comunícolle que desta resolución se dará traslado á Consellería de Economía e Facenda para que de acordo co procedemento de recadación nos supostos de reintegros de axudas ou subvencións públicas, pensións asistenciais e subsidios económicos, faga efectivo o reintegro da axuda anticipada.

O que se notifica de conformidade co artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro).

Contra esta resolución poderá interpoñerse, no prazo dun mes desde o seguinte ó da publicación desta cédula, recurso de alzada perante o conselleiro, segundo o establecido nos artigos 114 e 115 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2002.

Mª Pilar del Mar Pérez Marsó

Directora xeral de Ordenación Educativa

e Formación Profesional