Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Martes, 17 de decembro de 2002 Páx. 17.320

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MUGARDOS

ANUNCIO do estudio de detalle do soar sito entre as rúas Avenida de Galicia e Travesía de Portela: aprobación inicial.

Aprobación inicial

A Comisión de Goberno, na sesión extraordinaria celebrada o día 28 de novembro de 2002, aprobou inicialmente o estudio de detalle do soar situado entre as rúas Avenida de Galicia e Travesía de Portela, coas seguintes modificacións:

-Deberá presentarse plano parcelario catastral do predio e engadirse ó expediente.

-Nos planos P.07. Ordenación proxectada. Planta baixa e P.08. Ordenación proxectada. Planta primeira e segunda, deberán considerarse só como medianís as pertencentes a edificios principais, eliminando as dos secundarios (adegas, cubertos e alpendres).

-No documento para a aprobación definitiva deberá facerse constancia expresa do cumprimento da Lei 8/1997, de accesibilidade e supresión de barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia, e o Decreto 35/2000, polo que se aproba o regulamento que a desenvolve.

As anteriores modificacións deberán plasmarse nun novo documento nun momento posterior, a requirimento desta Administración e con carácter previo ó trámite de aprobación definitiva do estudio de detalle.

O anterior faise público en cumprimento do disposto no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, para efectos de que durante o prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no DOG poidan formula-las reclamacións e alegacións que se consideren pertinentes.

Suspensión de licencias

Así mesmo, a Comisión de Goberno, na sesión extraordinaria celebrada o día 28 de novembro de 2002, acordou a suspensión de licencias de par

celación de terreos, edificación e demolición para as áreas ou usos determinados no devandito estudio de detalle, o que se fai público en cumprimento do artigo 34 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

De conformidade co artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por medio deste anuncio e publicación no taboleiro de edictos do concello, notifícase o acordo que nel se contén a tódolos propietarios afectados, respecto ós cales non se puidera practica-la notificación.

Mugardos, 2 de decembro de 2002.

Ramón Toimil Saavedra

Alcalde