Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Martes, 17 de decembro de 2002 Páx. 17.320

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

ANUNCIO.

A Comisión Municipal de Goberno, en sesión celebrada o día 28 de outubro de 2002, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle para ordenación de parcela nas Carolinas, redactado polo arquitecto José Luis Pereiro Alonso e promovido por General de Edificios y Solares, S.L.

De conformidade co establecido no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, dito estudio de detalle estará exposto ó público, nas oficinas municipais de secretaría, durante o prazo dun mes, a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, podendo presentarse reclamacións ou alegacións no mesmo prazo.

Vilagarcía de Arousa, 4 de novembro de 2002.

Joaquín Javier Gago López

Alcalde