Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Martes, 17 de decembro de 2002 Páx. 17.319

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MUGARDOS

ANUNCIO do estudio de detalle para o sinalamento de aliñacións na rúa Peteiro, número 7: aprobación inicial.

Aprobación incial

A Comisión de Goberno, na sesión extraordinaria celebrada o día 28 de novembro de 2002, aprobou inicialmente o estudio de detalle para o sinalamento de aliñacións na rúa Peteiro, nº 7, coas seguintes modificacións:

-No plano 04. Aliñacións e rasantes, deberá facerse mención da superficie total da parcela e da superficie máxima de ocupación. Así mesmo, deberá poñerse unha lenda descritiva da ocupación e unha referencia a que o elemento que está superando a aliñación é o voo (ou ben eliminalo, xa que será a normativa a que o permita no posterior proxecto de edificación).

-No documento para a aprobación definitiva deberá facerse constancia expresa do cumprimento da Lei 8/1997, de accesibilidade e supresión de barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia, e o Decreto 35/2000, polo que se aproba o regulamento que a desenvolve.

As anteriores modificacións deberán plasmarse nun novo documento nun momento posterior, a requirimento desta Administración e con carácter previo ó trámite de aprobación definitiva do estudio de detalle.

O anterior faise público en cumprimento do disposto no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, para efectos de que durante o prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no DOG poidan formula-las reclamacións e alegacións que se consideren pertinentes.

Suspensión de licencias

Así mesmo, a Comisión de Goberno, na sesión extraordinaria celebrada o día 28 de novembro de 2002, acordou a suspensión de licencias de par

celación de terreos, edificación e demolición para as áreas ou usos determinados no devandito estudio de detalle, o que se fai público en cumprimento do artigo 34 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

De conformidade co artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por medio deste anuncio e publicación no taboleiro de edictos do concello, notifícase o acordo que nel se contén a tódolos propietarios afectados respecto dos cales non se puidese practica-la notificación.

Mugardos, 2 de decembro de 2002.

Ramón Toimil Saavedra

Alcalde