Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Martes, 17 de decembro de 2002 Páx. 17.319

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MUGARDOS

ANUNCIO do proxecto de compensación do solo urbano non consolidado P-8 Cantón de Cora do Plan Xeral de Ordenación Municipal: aprobación inicial.

A Comisión de Goberno, na sesión extraordinaria celebrada o día 28 de novembro de 2002, adoptou os seguintes acordos:

Primeiro.-Aprobar inicialmente o proxecto de compensación do solo urbano non consolidado P-8 Canón

de Cora do Plan Xeral de Ordenación Municipal, coa seguinte modificación:

-Nas parcelas públicas deberá facer mención expresa de que están libres de cargas e gravames.

Segundo.-Prestar aprobación á valoración da cesión proposta polo proxecto de compensación do solo urbano non consolidado P-8 Cantón de Cora.

O anterior faise público en cumprimento do disposto nos artigos 133 e 102 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, para os efectos de que durante o prazo de vinte días hábiles, contados desde a publicación do presente anuncio no DOG, poidan formula-las reclamacións e alegacións que se consideren pertinentes.

Mugardos, 2 de decembro de 2002.

Ramón Toimil Saavedra

Alcalde