Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Martes, 17 de decembro de 2002 Páx. 17.319

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MUGARDOS

ANUNCIO do proxecto de urbanización do polígono P-8 Cantón de Cora do Plan Xeral de Ordenación Municipal: aprobación inicial.

A Comisión de Goberno, na sesión extraordinaria celebrada o día 28 de novembro de 2002, aprobou inicialmente o proxecto de urbanización do polígono P-8 do Plan Xeral de Ordenación Municipal, coas seguintes modificacións:

-Deberá corrixi-lo erro tipográfico no plano 2. Planta xeral. Distribución na pendente da rampla seleccionada pola sección AA (consta un 20%) que se contradí co determinado polo 12. Replanteo urbanización onde se determina unha pendente do 16% que é a máxima contemplada polo plan xeral no seu artigo 172.

-Deberá achegar maiores precisións en canto ós bombeos proxectados.

-Deberá achegar maiores precisións con respecto ó cumprimento do Decreto 8/1997, sobre accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas.

-As anteriores modificacións deberán plasmarse nun novo documento con carácter previo ó trámite de aprobación definitiva do proxecto de urbanización.

O anterior faise público en cumprimento do disposto nos artigos 43.3º e 46 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, para os efectos de que durante o prazo dun mes, contado desde a publicación deste anuncio no DOG poidan formula-las reclamacións e alegacións que se consideren pertinentes.

Mugardos, 2 de decembro de 2002.

Ramón Toimil Saavedra

Alcalde