Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Martes, 17 de decembro de 2002 Páx. 17.318

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión ordinaria celebrada o 4 de novembro de 2002, aprobou a contratación polo procedemento de concurso aberto, para a redacción do proxecto e diversa documentación técnica, económica e xurídica, así como a construcción e explotación, en réxime de concesión administrativa, de complexo ambiental para o tratamento de residuos sólidos urbanos e asimilables do Concello de Lugo. Por medio deste anuncio dáse a coñece-la licitación consonte as seguintes características:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Lugo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: constitúen o obxecto do contrato as seguintes prestacións:

1.1. A redacción dos documentos técnicos, administrativos e económicos seguintes:

a) O proxecto de construcción das obras e instalacións do complexo ambiental de tratamento (planta de reciclaxe e compostaxe) de residuos sólidos urbanos e asimilares -no sucesivo RSU- xerados no municipio de Lugo.

b) O proxecto de explotación do complexo citado.

c) O Plan municipal de xestión de RSU do concello de Lugo, que conterá as determinacións e documentos establecidos na lexislación estatal e autonómica e as prescricións que lle sexan de aplicación do plan autonómico galego de RSU.

d) O estudio de impacto ou efectos ambientais.

e) Os demais estudios, documentos e proxectos necesarios para defini-las obras e instalacións do complexo citado e para a obtención das licencias, autorizacións e permisos que legalmente sexan esixibles para a súa execución, posta en funcionamento e explotación.

f) O regulamento do servicio.

1.2. A construcción da planta e instalacións indicadas de acordo cos pregos de cláusulas administrativas particulares e de bases ou prescricións técnicas, cos seus respectivos proxecto e coa declaración de efectos ambientais e licencias, permisos e autorizacións administrativas outorgadas.

1.3. A xestión do servicio de tratamiento dos RSU do Concello de Lugo e explotación integral do complexo ambiental, de conformidade co plan de xestión de RSU de Lugo, cos pregos, proxectos e permisos, licencias e autorizacións sinalados nos dous parágrafos anteriores desta cláusula.

d) Prazo de duración: o prazo de duración da concesión é de 25 anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Tipo de licitación.

Non se fixa orzamento previo, dado que son os licitadores os que presentarán os anteproxectos necesarios para a execución do obxecto do presente contrato.

5. Garantías.

Provisional: 300.506,05 euros.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Lugo, Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197, 3ª planta.

c) Localidade e c.p.: Lugo, 27002.

d) Teléfonos: 982 29 71 86, 982 29 71 43.

e) Telefax: 982 29 72 59.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: criterios de solvencia económica, financiera e técnica recollidos na cláusula décima do prego de cláusulas administrativas.

b) Outros requisitos: o sinalados na cláusula décima do prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o día 22 de xaneiro de 2003.

b) Documentación necesaria: a que figura na cláusula décima do prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: Concello de Lugo, Oficina de Rexistro ou ben nos lugares legalmente establecidos.

2ª Domicilio: Ronda da Muralla, 197, planta baixa.

3ª Localidade e CP: Lugo, 27002.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): 3 meses.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Lugo.

b) Domicilio: Ronda da Muralla, 187 (3ª planta).

c) Localidade: Lugo.

d) Data: o décimo día hábil (agás sábado ou festivo) posterior ó remate do prazo de presentación das proposicións.

10. Outras informacións: simultaneamente ó presente anuncio expóñense as modificacións dos pregos de condicións aprobados por acordo plenario de 4 de novembro de 2002. En caso de presentarse alegacións, procederase á suspensión do procedemento de licitación en caso necesario.

11. Gastos dos anuncios: 5.000 euros, que serán por conta do contratatista adxudicatario.

Lugo, 21 de novembro de 2002.

Mª Eva Martín Minguela

Vicesecretaria

Visto e prace

P.D. (Decreto alcaldía 60/1999, do 9 de xullo)

Fernando X. Blanco Álvarez

Tenente alcalde delegado de Área