Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Martes, 17 de decembro de 2002 Páx. 17.317

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA GUARDA

ANUNCIO.

Por resolución da Alcaldía de data 3 de decembro de 2002, foi aprobado o prego de cláusulas administrativas que como lei fundamental do contrato rexerán no concurso para adxudicar mediante o procedemento aberto e tramitación de urxencia as obras de demolición de edificación existente na Praza do Reló nº 5 y 7 municipio da Guarda, o cal se expón o público xunto ó proxecto por prazo de oito días contados a partir do seguinte ó de inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia para que podan presentarse reclamacións.

Simultaneamente, anúnciase concurso si ben a licitación se aprazará, cando resulte necesario, no

suposto de que se formulen reclamacións contra o prego de condicións ou o proxecto.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Concello da Guarda.

Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

2. Obxecto do contrato.

Descrición: demolición de edificación existente na Praza do Reló nº 5 y 7.

Lugar de execución: Praza do Reló nº 5 y 7 municipio da Guarda.

Prazo de execución: punto 3 do prego de cláusulas administrativas.

3. Tramitación, procedemento e forma.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Orzamento base: 72.651,80 euros.

Criterios de selección para a adxudicación da obra: cláusula 14 do prego.

5. Garantías:

Provisional: 2% do orzamento de adxudicación.

Definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

Entidade: rexistro xeral do concello.

Domicilio: Praza do Reló.

Data límite para solicitar presentación: 13 días naturais a partir da publicación do edicto de licitación no DOG.

7. Presentación de ofertas.

Prazo: cláusula 14 do prego.

Documentación: cláusula 14 do prego.

Lugar de presentación: rexistro xeral do concello.

8. Apertura ofertas.

Entidade, domicilio e localidade: Concello da Guarda, Praza do Reló (A Guarda).

Data e hora: 12 horas do primer día hábil seguite, ó de finalización do prazo de presentación de ofertas.

9. Gastos anuncios.

Serán por conta dos adxudicatarios.

A Guarda, 4 de decembro de 2002.

José Luis Alonso Riego

Alcalde