Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Martes, 17 de decembro de 2002 Páx. 17.317

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (9/2002).

A Alcaldía Presidencia, con data do 6 de novembro de 2002, dictou a seguinte resolución:

«Primeiro.-Incoar expediente para a aprobación das bases e estatutos da xunta de compensación que se vai constituír para a execución do polígono E8.02 La Silva II do Plan Xeral de Ordenación Municipal vixente.

Segundo.-Aprobar inicialmente o proxecto de bases e estatutos presentado por César Pérez Maldonado en nome e representación da comisión xestora constituída para estes efectos.

Terceiro.-Ordena-la citación persoal no expediente a aqueles que aparezan como interesados na súa calidade de titulares de bens e dereitos afectados, así como a publicación no Diario Oficial de Galicia e no BOP do anuncio correspondente segundo modelo oficial que se xunta, facultando a comisión xestora e, no seu nome, a César Pérez Maldonado como secretario dela, para a súa presentación e dilixenciamento ante o órgano correspondente».

O que se fai público de conformidade co disposto no artigo 133.4º en relación co 102, ambos da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia (BOE nº 103, do 30 de abril), advertindo os interesados de que o expediente se encontra á súa disposición nas oficinas de xestión do Servicio de Urbanismo, sitas na rúa do Parque s/n, no prazo de 20 días a partir da publicación ou notificación do acordo co que se traslada, onde poderá consultalo e facer cantas alegacións queira na defensa dos seus dereitos.

Así mesmo, comunícase que as cuestións referentes a eles poderán verse das 12 ás 14 horas de luns a venres, tempo no que serán atendidas polo persoal do servicio.

A Coruña, 7 de novembro de 2002.

O alcalde

P.D.

Salvador Fernández Moreda