Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Martes, 17 de decembro de 2002 Páx. 17.316

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 18 de novembro de 2002, da División de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto pola Asociación Profesional Sanitaria de Atención Primaria.

Na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia tramítase o recurso número 1/1193/2002 interposto pola Asociación Profesional Sanitaria de Atención Primaria contra a Orde do 29 de xullo de 2002 (DOG nº 168, do 2 de setembro), da Consellería de Sanidade, pola que se convoca proceso extraordinario de consolidación de emprego para a selección e provisión de prazas de persoal estatutario das institucións sanitarias dependentes do Servicio Galego de Saúde da categoría de ATS/DUE.

O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer na sala como demandados no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2002.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos